11 de maio de 2026

Daniel Domínguez gañador absoluto do provincial pontevedrés de compak

Preto de medio cento de tiradores citáronse onte, 10 de maio, en Tomiño para a desputa da edición XXVI do Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting que coroou como campión provincial a Daniel Domínguez Treinta cunha marca de 94 pratos.

Este provincial estivo organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración dos Clubes de Tiro Fronteiriñas e Eido Dalbo.

A proba desenrolouse en catro canchas nas cales os tiradores enfrontáronse a un total de 100 pratos. Uns pratos moi técnicos e baixo unha perfecta organización fixeron desta fase provincial unha xornada brillante desta disciplina do tiro.

Na Xeral Absoluta o campión da proba foi Daniel Domínguez Treinta con 94 pratos que obtiña deste xeito o título de campión provincial. Con 93 arxilas escachadas remataba en segunda posición o tirador Alfredo García Mendoça. O terceiro da xeral e segundo do provincial era o senior José Antonio Vasconcellos Vicente con 91 pratos. Javier Suárez Dafonte foi cuarto da xeral e bronce do provincial con 90 pratos.

Francisco Javier Rivero Martínez era o subcampión con 88 pratos na categoría Senior superando a Carlos Alberto Braz Simoes e Ángel Gómez González, este último acadando o bronce provincial.

Na categoría Veteranos o campión era Gabino Villamor Vázquez con 71 pratos escachados por diante de Jaime Vilas Pereira que remataba a tirada con 63 pratos. Santiago Fernándo Bargiela obtivo o terceiro posto con 62 pratos.

José María González Rodríguez era o campión na categoría de Máster e Savela Calvo López era a campiona en Damas.

Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.