11 de maio de 2026

Manuel Buján con “Moro” foi o campión provincial e Antonio Sánchez con “Chico” o campión da proba no provincial coruñés de Xabaril


Nos terreos da Sociedade de Caza de A Capela, o sábado 9 de maio, tiña lugar o Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril “Xunta de Galicia”.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración do Concello e Sociedade de Caza da Capela desputábase esta fase provincial que contou con Tito Tarela como Director de Proba.

Un campionato que descorreu con total deportividade e que, sendo puntuable para a Copa Galicia, deu a coñecer os mellores monteiros e cans provinciais que representaran a Coruña no Autonómico da especialidade.

Foi o monteiro pontevedrés Antonio Sánchez Sexto con “Chico” o que obtivo o primeiro posto do campionato con 247 puntos. Con 246 puntos, en segunda posición, remataba o tamén pontevedrés Julio Ferradás Rozas con “Copi”. Novamente dende Pontevedra o bronce era para Salvador Sestelo Núñez con “Covi” e 238 puntos. O cuarto clasificado da xeral e campión provincial era Manuel Bujan Mella con “Moro” e 234 puntos. A plata e bronce do provincial era para Daniel Souto Rey con “Horus” e Francisco Rodeiro Eiras con “Vela”, respectivamente.

Este Campionato contou coa colaboración do Concello da Capela e a Deputación de Coruña e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.