13 de maio de 2026

Cantos provinciais en Narón

O pasado 10 de maio desputouse en Narón, concretamente na Asociación Veciñal O Val, a edición XXIX da fase provincial da Coruña de Paxariles “Xunta de Galicia” que contou coa organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración da Sociedade A Faisca.

A xornada transcorreu sen imprevistos e os diferentes paxaros cantores, ata 128 exemplares, divididos nas diferentes plumas, foron emitindo os seus cantos para o goce dos participantes.

Rematada a proba a clasificación final nas diferentes categorías resultou como segue a continuación:

Na categoría de Liñaceiro o campión e subcampión era Pablo Brage Piñeiro cun total de 64 e 47 puntos. O bronce era para María José González Domínguez con 36 puntos.

En Xílgaro o primeiro posto era para Ricardo Díaz Fernández con 57 puntos. Con 36 puntos o segundo posto era para José Sanjuan Maceiras e xa en terceira posición situabase María del Pilar Beltrán con 26 puntos.

En Verderol a gañadora era María Ángeles Pérez Arcos con 31 puntos. Con 15 puntos o subcampionato era para María José González Domínguez e xa con 11 puntos e en terceira posición remataba Juan Manuel Souto Rico.

Jesús Ángel Faraldo Ares en Mixto de Liñaceiro facíase co primeiro posto da categoría con 27 puntos. O segundo posto era para Pedro Fernández Jiménez con 24 puntos, e xa no terceiro posto remataba José Luis López Ferreiro con 13 puntos.

Na categoría de Xílgaro Campero o primeiro e segundo posto era para José Luis Vez Rodríguez con 35 e 22 puntos. Con 15 puntos o terceiro clasificado era Francisco Javier Fernández Patín.

Na categoría de Mixto de Campero o primeiro posto era para Dionisio Ares Babarro con 40 puntos. Con 25 puntos o segundo posto era para Marcelino Pardiñas Pena e o terceiro clasificado era José Luis Vez Rodríguez con 20 puntos.

Na categoría de Mixto de Xílgaro o campión era Iván Fajardo Cao con 94 puntos. Ricardo Díaz Fernández acadaba o subcampionato con 89 puntos. Con 86 puntos e en terceira posición quedaba Jorge Montero Suárez.

E xa para rematar, en Mixto de Verderolo o campión era José Manuel Romero Neira con 40 puntos e o subcampión era Miguel Ángel Ares Ares con 16 puntos. Paula Veiga Sánchez acadaba o bronce con 8 puntos. 

Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.