Novamente Rio Sar acollerá aos mellores tiradores nacionais de Compak Sporting

A Sociedade Deportiva Río Sar, en Vilouchada (A Coruña), acollerá do 19 ao 21 de xuño o XXIX Campionato de España de Compak Sporting, unha das citas máis importantes do calendario nacional de tiro deportivo e que congregará a máis de 400 tiradores.
Organizado pola Real Federación Española de Caza xunto coa Federación Galega de Caza e o Consello Superior de Deportes, os tiradores competirán durante tres xornadas para proclamarse campións nacionais da especialidade. Ademais, o campionato contará coa participación de 25 xuíces nacionais encargados de velar polo correcto desenvolvemento da proba.
O campo de tiro de Río Sar será o escenario dunha intensa competición que comezará oficialmente o venres 19 de xuño ás 09.00 horas, tras a entrega de dorsais e a presentación dos equipos autonómicos previstas para a xornada previa. Clausúraa e entrega de premios terá lugar o domingo 21 de xuño, unha vez finalizados os desempates.
Os adestramentos oficiais poderán realizarse entre o luns 15 e o xoves 18 de xuño, en horario de 09.00 a 21.00 horas. As inscricións deberán tramitarse a través das federacións autonómicas e o prazo finalizará o próximo 9 de xuño.
O campionato conta co mecenado de Mutuasport, o patrocinio de Browning, Legia, Winchester e Miroku e a colaboración de Isuzu, Avis, HART, a Xunta de Galicia, a Sociedade Deportiva Rio Sar, a Deputación da Coruña e o Concello de Trazo.
PROGRAMA:
Xoves 18 de xuño
18.00 h – Entrega de dorsais
20.00 h – Presentación de Equipos Autonómicos
Venres 19 de xuño
09.00 h – Inicio da competición
Sábado 20 de xuño
09.00 h – Inicio da competición
Domingo 21 de xuño
09.00 h – Inicio da competición
15.00 h – Finalización da proba
16.00 h – Desempates
17.00 h – Cerimonia de clausura e entrega de premios
Máis información en: pincha aquí