1 de xuño de 2026

O lote do monteiro Pablo Vázquez resultou campión da Proba de Ceiba Terras do Ortegal

Na xornada do sábado, 30 de maio, tiña lugar a xa XVI Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Xunta de Galicia” - “Proba de Ceiba Terras do Ortegal”, todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración das Sociedades de Cazadores de Ortegal, Venatoria Mañón e Cedeira-Cerdido, así como os concellos de Cariño, Cedeira, Ortigueira e Cerdido.

Un día de monte, cans e xabariles no que tomaron saída un total de 22 equipos compostos por ata tres conductores e 6 cans.

Un ano máis Ortigueira foi un referente para os monteiros do norte de España e grazas ao éxito organizativo e traballo dos rastrexadores, guías e xuíces, contabilizáronse numerosos avistamentos de xabaril e prestacións destacadas que fixeron as ledicias dos participantes e público.

O Xurado de Competición estivo formado por Ángel Javier Muíño e José Luis Pérez e actuando como Directora da Proba Nuria María Fernández Folgueira.

Foi o lote do monteiro coruñés Pablo Vázquez Candal o que obtivo o primeiro posto con 971 puntos e converténdose no campión desta XVI edición, participando cos cans griffóns azuis de nomes “Pirlo, Tana, Rohin, Yerry, Vento e Racing”.

Alfredo Vázquez Bugallo foi o propietario do lote subcampión despois de realizar a prestación cos seus grifóns de nomes “Xon, Pinto, Lucky, Chato, e Cain” e obtendo unha puntuación de 941 puntos. Tamén o can “Pinto” integrante deste lote subcampión obtivo o premio ao Mellor Can da Proba con 177 puntos.

O cántabro Pablo Quevedo Belmonte co seu lote de cans de nomes “Chata, Chatarra, Cañete, Piluca e Pinto” obtiña o bronce con 894 puntos.

Facemos mención a clasificación dos seguintes lotes:

4.- Adrián Gómez Ramos

5.- Andrés Alonso Villar

6.- Juan Antonio Nogueira Fernández

Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Proyecta Galicia e Arion.

Patrocinado por

Deporte Galego Mutuasport Arion Proxecta Galicia

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.