1 de xuño de 2026

Corsino Valero coa pointer “Mia” foi o campión de San Huberto na Festa da Caza de Lugo

O monte do Cristo eran os terreos elixidos pola federación lucense de caza para a celebración, onte 31 de maio, do seu Campionato Provincial de Lugo de Caza San Huberto “Xunta de Galicia”.

O Campionato Provincial de Lugo de Caza San Huberto deu como gañador da proba e provincial ao cazador lucense Corsino Valero Villar coa pointer de nome “Mia de los Tsacianiegos”. O segundo posto era para Nuria Varela Painceiras con “Alfa de Cerámica de Sedes” namentras que Mario Dios Rodríguez con “Nilo de Fuente la Teja” era o terceiro clasificado. Ana Isabel Arbiol Ledesma con “China de Vilar de Donas” era a campiona en Donas.  

A selección provincial quedou conformada polos seguintes cazadores: Corsino Valero, Camilo Taboada, Unai Arteche, Manuel Ángel Varela e Roberto González.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Axencia Touceda, Arion e Mutuasport.

 

Patrocinado por

Deporte Galego Mutuasport Arion Proxecta Galicia Touceda

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.