Maikel Otero con “Chacho” foi o campión provincial na Festa da Caza de Lugo

Dentro do programa de competicións cinexético deportivas da XXIX Festa da Caza de Lugo celebrouse, este domingo 31 de maio, o Campionato Provincial de Lugo de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril “Xunta de Galicia” no que participaron preto de 30 cans e monteiros.
Unha proba organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e sendo puntuable para a Copa Galicia da especialidade e tamén clasificatoria para o Autonómico da modalidade que se desputará, o vindeiro 13 de xuño, no concello ourensá de Trives.

O monteiro Maikel Otero Folgueira foi o que maior puntuación obtivo na fase final acadando un total de 250 puntos co can “Chacho” e sendo deste xeito o campión da proba e tamén campión provincial. O pontevedrés Julio Ferradás Rozas co can “Copi” era o segundo clasificado con 246,5 puntos. Compretou o podio o lucense Luis Otero Alonso con “Turco” e 222,5 puntos.
A selección lucense quedou conformada polos seguintes monteiros: Maikel Otero, Luis Otero, Manuel Vecino, Joaquín Villamil, Jesús Ares, Juan Vecino, Adrián Carreira, Martín Martínez, José Manuel Yáñez, e Joaquín Cordido.
Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Axencia Touceda, Arion e Mutuasport.
Patrocinado por