1 de xuño de 2026

Eduardo Salceda foi o campión provincial de Ourense de Compak e Sergio Loureiro o campión da proba

O “Campo de Tiro A Goberna” situado en Beariz acolleu no día de onte, 31 de maio, o VIII Campionato Provincial de Ourense de Compak Sporting “Xunta de Galicia”. Unha proba provincial que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e ca colaboración da Asociación Deportiva A Goberna Beariz e a Sociedade de Cazadores A Goberna Regueiro.

Un campionato desputado por preto de medio cento de tiradores que se enfrontaron a 100 pratos divididos en 4 canchas e que resultou determinante para coñecer a selección provincial para o Autonómica da especialidade que se desputará en Rio Sar o domingo 7 de xuño.

O tirador pontevedrés Sergio Loureiro Rodríguez foi o campión da proba cun total de 93 pratos escachados. O subcampión da proba e campión provincial foi Eduardo Salceda Balboa con tamén 93 arxilas. O terceiro posto da xeral foi para foi para o senior José Antonio Vasconcellos Vicente con tamén 93 pratos. Francisco Javier Villanueva Dejuana obtivo a prata provincial con 87 pratos e Jesús Mozo Pereira o bronce con 84 pratos.

En senior o campión provincial foi José Antonio Gómez Pérez con 83 pratos namentras que Carlos Misa Alonso e Manuel Caramés Corgal conformábanse coa prata e o bronce provincial, respectivamente.

Gabino Villamor Vázquez foi o tirador veterano mellor clasificado con 86 pratos e José Luis Álvarez Fernández o mellor provincial con 54 pratos.

O tirador Antonio Castro Ferreiro foi o tirador que obtivo o primeiro posto na categoría de Máster con 83 pratos e Eliseo Faraldo Fernández o campión provincial da categoría con 76 pratos.

En Donas a mellor clasificada foi Raquel García Rodríguez e Eva Domínguez Rodríguez foi a campiona provincial.

Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

Patrocinado por

Deporte Galego Mutuasport Proxecta Galicia

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.