3 de xuño de 2026

Maña inaugurase FECAP 2026 coa mostra de cans de caza como prato forte

Dende maña xoves 4 ao domingo 7 de xuño terá lugar a Feira de Caza, Pesca e Natureza (FECAP) enclavada dentro da Abanca Feira Internacional de Galicia – Silleda. A FGC, baixo a organización e traballo da súa Delegación en Pontevedra, estará presente no pabillón 4 stand A-4 para dar a coñecer as novidades do sector e participar nas diferentes actividades programadas.

Como ocorreu en tódalas edicións anteriores, a interación da FGC coa FECAP non so se resumirá á instalación do stand corporativo senon que a Federación Galega de Caza participará e dinamizará activamente a FECAP coa celebración de diferentes actividades, entre as que descamos as seguintes:

- Mostra de especies cinexéticas “Función dun biotopo”.

- Mostra e coñecemento de pegadas de especies cinexéticas así como mostra de ovos de diversas aves

- Exposición de aves rapaces empregadas en cetrería da man da Asociación de Cetreiros Galegos

- Simulador de Tiro SimwayHunt

- Exhibición de Tiro con Arco

- Proba de Agility Trofeo Abanca Semana Verde

- Obradoiro permanente de pintura sobre a fauna e flora galega

- E moito máis.

Pero se algo vai sobresair entre todas as actividades esta vai ser a Exposición de Cans de Caza que se celebrará o domingo día 7 a partires das 10 da maña baixo a organización da FGC, Solognac e Fecap Abanca

A FGC agárdate en FECAP 2026.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.