19 de xuño de 2026

Xa tivo lugar en Ordes a presentación oficial do XXXIII Campionato de España de Cans de Rastro sobre Xabaril – III Copa de España Xuvenil

No concello de Ordes – A Coruña tivo lugar no día de onte, 18 de xuño, a presentación oficial do XXXIII Campionato de España de Rastro sobre Xabaril e III Copa de España Xuvenil que se desputará o vindeiro 27 de xuño nos Concellos de Ordes e Oroso e nas súas respectivas sociedades de caza.

Ao acto institucional asistiu o Alcalde do Concello de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo; o Concelleiro de Eventos, Pablo Vázquez Candal; o Presidente da Real Federación Española de Caza, Josep Scandell; o Delegado Nacional de Rastro de Xabaril, Oscar Meijide Varela; o Presidente da Federación Galega de Caza, Luis Eusebio Fidalgo Álvarez; o Presidente da Federación Provincial da Coruña, José María Álvarez Villar e o Secretario Xeral da FGC da Coruña, Antonio del Río Viqueira.

Despois deste acto no que o Alcalde Martínez destacou a importancia social e económica deste tipo de probas para os concellos e o rural galego comenza a conta atrás dunha cita no que a selección galega ten moitas posibilidades de acadar grandes resultados como así o trasladou o Presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo o cal rematou agradecendo a colaboración dos Concellos e Sociedades de Caza de Oroso e Ordes que fan posible a celebración desta cita nacional.

Pechou o acto Josep Scandell quen tivo as primeiras verbas de agradecemento para o concello de Ordes xa que non é habitual nestes tempos facer un posicionamento político tan claro a favor do sector cinexético. Remataba facendo unha mención especial as sociedades colaboradoras, o delegado nacional e a federación autonómica e provincial polo traballo organizativo que redundará de seguro nunha proba de enorme calidade.  

Toda a información do campionato en: Preme aquí

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.