22 de xuño de 2026

Galicia copa o podio do nivel B e gaña en Tiro Adaptado no Campionato de España de Compak Sporting desputado en Río Sar

Dende o pasado venres ata o día de onte desputouse no Campo de Tiro Rio Sar o XXIX Campionato de España de Compak Sporting que estivo marcado polas esixentes condicións de temperatura e o récord de participación.

O campión absoluto foi o xoven tirador manchego Fabián Romero que acadou unha marca de 195 pratos nun campionato de gran calidade organizativa baixo a tutela da RFEC, a FGC e a Sociedade Deportiva Rio Sar. En Donas novamente Beatriz Laparra era a gañadora con 188 pratos.

No tocante aos tiradores galegos resaltamos a actuación de Artemio Formoso Barro que obtivo o primeiro posto en Tiro Adaptado e a Javier Suárez, José Manuel Fernández e Martín Baqueiro, respectivamente, xa que coparon por completo o podio do Nivel B. Incidimos no extraordinario campionato executado polo xoven tirador Javier Suárez da Fonte que con 190 pratos rematou 9º da xeral absoluta.

Se queres coñecer toda a información e resultados preme en: aquí

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.