27 de xullo de 2026

Juan José Canosa con “Nike da Chousa” gañadores nas Pontes

A FGC da Coruña tivo a ben, o pasado 25 de xullo, facer un recoñecemento á Selección Galega de San Huberto do pasado ano 2025 debido aos grandes resultados acadados.

Esta proba da Copa Federación da Coruña de San Huberto foi puntuable para a Copa Galicia e tivo como campos de competición os terreos do Tecor Venatoria das Pontes.

A proba foi dirixida por Julián Gandarela Ces e nela participaron preto de 25 cazadores. Desputado o barrage final o competidor Juan José Canosa Vigo que participou co pointer de nome “Nike da Chousa” acadou a mellor puntuación e foi o campión con 79 puntos. Con 66 puntos, a prata foi para Lidia Almeida de Oliveira que participou co setter “Dilam de Peago”. José María Carnota Ríos obtivo o terceiro posto con “Fillidium Ralf” e 64 puntos.

O punto e final a esta proba tivo como protagonista á Selección Galega de San Huberto 2025, deportistas que recibiron un recoñecemento por parte de compañeiros e organización.

Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

Patrocinado por

Deporte Galego Mutuasport Arion Proxecta Galicia

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.