En Soutomaior foron premiadas as mellores frechas autonómicas

No día de onte, 23 de agosto, celebrouse o XXVI Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco “Xunta de Galicia” no Concello pontevedrés de Soutomaior. Unha proba con ampla participación de arqueiros e que pechaba a tempada e daba a coñecer os representantes galegos para o Campionato Nacional.
Este campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza e a esencial colaboración e traballo do Clube Cazarco. Coma sempre, os participantes pasaron unha entretida mañá no campo de tiro da sociedade sito en Candán, resolvendo un circuito de 8 propostas de caza e tendo a Jaime Villaverde como Director da Proba. Arqueiros que amosaron as súa pericia co arco apesares da intensa choiva que os acompañou durante boa parte da xornada.
Estes foron os resultados finais do Autonómico de Percorridos de Caza con Arco:

Arco Asistido Senior Masculino:
1.- Miguel Caruncho Campanario
2.- Jaime Villaverde Balado
3.- Ismael Figueroa Vilaboa

Arco Tradicional Senior Masculino:
1.- Jacobo Santoro Lorenzo
2.- Alfonso Veiga Miranda
3.- Aaron Martínez Lago
Arco Asistido Junior Masculino:
1.- Serafín Germán Veiga Prieto
Arco Asistido Senior Damas:
1.- Dolores Bugarín Codeseda
2.- Marina Oliveira Amoedo
3.- Eva Davila Rodal
Arco Tradicional Senior Damas:
1.- Laura Fernández Crespo

Arco Tradicional Junior Damas:
1.-Nerea Piñeiro Gago con
2.-Carlota Otero Cayetano
3.-Iría Boullosa Curras
Arco Tradicional Cadete Damas:
1.-Ariadna López Fernández
Na entrega de premios asistiron as seguintes autoridades: Francisco Couselo, Presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra; Gonzalo Outeiro Concelleiro de Deportes de Soutomaior e María Jesús Maceiras Xefa de Servizo de Patrimonio Natural en Pontevedra.
Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.
Patrocinado por