A Selección Galega volta novamente con grandes resultados do Nacional de Percorridos de Caza con Arco

En Colunga – Asturias desputouse o pasado sábado 26 de setembro a edición XXVIII do Campionato de España de Percorridos de Caza con Arco. Na proba participaron máis de 70 arqueiros que foron xuzgados por 8 xuíces nacionales e que deu a coñecer os campións de España das distintas categorías
Presentábase a Selección Galega cun nutrido grupo de arqueiros e arqueiras que competiron nas diferentes categorías obtendo un total de 5 medallas repartidas como seguen a continuación:
Jacobo Santoro: Campión en arco longbow senior
Dolores Bugarín: Prata en arco asistido feminino
Jaime Villaverde: Prata en arco asistido veterano
Iría Boullosa: Bronce en arco tradicional junior
Eloy Álvarez: Bronce en arco asistido senior

Dende a FGC felicitar, novamente, á Selección Galega de Arqueiros que, como xa ven acontecendo edición tras edición, voltou para Galicia con grandes resultados converténdose nunha selección de referencia da modalidade.