Estes foron os cetreiros campións no provincial de Pontevedra

Xornada espectacular a vivida o pasado sábado, 26 de setembro, no pasteiro de Pinzás (Tomiño-Pontevedra) con motivo da celebración do Campionato Provincial de Pontevedra de Cetrería, nunha proba aberta a todos os cetreiros federados.
A proba organizada pola Federación Galega de Caza de Pontevedra e a Asociación Galega de Cetreros e Criadores (AGCCA) comezou ás 9 horas, con numerosa asistencia de público presenciando o evento. No campionato participaron 41 aves de 26 cetreiros, sendo xulgadas por Claudio Abalo Carrera e Manuel Comesaña Rodríguez, estando como directores da proba Fransisco Solla Santomé e Sergio López Piñeiro.

A competicióm trascorreu sen incidencias, destacando a deportividade e compañerismo entre os participantes, sendo estes os resultados finais nas diferentes categoría:
ALTANERÍA
- Campión e subcampión da proba: Rui Lima (Portugal)
AGUILA HARRIS
- Campión da proba e campión provincial: José Gregores Álvarez
- Subcampión da proba e subcampión provincial: Miguel Carballo Sio
- 3° clasificado da xeral e 3° clasificado no provincial: Adrián Bravo Serodio
AZORES
- Campión da proba e campión provincial: Marcos Troncoso García
- Subcampión: Javier Fuente Vilanova (A Coruña)
- 3° clasificado: Pedro San Xoán (León)
- 4°clasificado e subcampión provincial: Evaristo González Rodiño
MAN POR MAN
- Campión da proba e campión provincial: José Gregores Pimentel
- Subcampión e subcampeón provincial: José Benítez Martínez
- 3° clasificado da xeral e 3° clasificado provincial: Evaristo González Rodiño
PEQUENAS AVES
- Campión da proba e campión provincial: Evaristo González Rodiño
- Subcampión da xeral e subcampión provincial: Brais Otero Rodríguez

O acto de clausura estivo presidido polo Presidente Provincial da FGC de Pontevedra, Paco Couselo, e o Presidente da Asociación Galega de Cetreiros e Criadores de Aves Rapaces (AGCCA), Carlos Gallego, ambos agradeceron a todos os que dunha ou outra forma colaboraron na organización do evento, en especial aos tecores "A Tomiñesa" e "A Tudense", e á omunidade de montes de Pinzás. Pola súa banda, o Presidente Provincial, Paco Couselo comprometeuse a loitar para que en anos sucesivos, os clasificados no campionato provincial (os que correspondan), teñan acceso directo ao campionato autonómico da súa modalidade. Ademais, aproveitando a ocasión, presentou a Carlos Alberto galego. como novo delegado provincial de cetrería.
Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.
Patrocinado por