30 de setembro de 2026
CURSOS DE FORMACION FGC 2026

Os cazadores galegos amosan o seu compromiso coa formación nos Cursos da Federación de Caza que comezan maña 1 de outubro

Un ano máis os cazadores amosan interés pola formación no eido cinexético e mostra delo son os preto de 250 inscritos na edición deste 2026 dos Cursos de Formación promovidos pola Federación Galega de Caza coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Segue a ser a temática dos responsables de sociedades de caza un dos cursos que maior aceptación debido a calidade de información adquirida que é de enorme utilidade na xestión interna e administrativa das sociedades de caza e así o afirman os alumnos das edicións anteriores. A prevención da sinistralidade e seguridade na caza así como as enfermidades da fauna cinexética, saúde alimentaria e xestión dos residuos son os outros dous bloques formativos con gran acollida que completan estes cursos da FGC 2026 que dan coñecementos esenciais non so a cazadores, xestores, xefes de cuadrilla e directivos de sociedades de caza senón que tamén para estudantes, administrativos de entidades deportivas, etc.

Dende maña día 1 ato o 25 de outubro os alumnos terán dispoñibles no campus virtual da Escola de Caza os diferentes cursos ofertados, sendo na semana do 19 ao 25 de outubro a proba de avaliación final.

Aquela persoa inscrita que precise calquera información adicional ou resolución de dúbidas durante o periodo de formación poderá dirixirse a: escola@federaciongalegadecaza.com  

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.