A Selección Galega de San Huberto con opcións de acadar grandes resultados no Nacional da especialidade que arrinca hoxe en Abanilla
A localidade murciana de Abanilla acolle esta fin de semana o XLIV Campionato de España de San Huberto, unha das grandes citas competitivas da Real Federación Española de Caza e na que participaran un total de 110 deportistas das diferentes comunidades autónomas.
Galicia parte cunha selección de cazadores e cazadoras con serias opcións de obter algún resultado destacado, mostra delo e a defensa do título da Copa España por parte da galega Nuria Varela Painceiras gañadora na edición do 2025.
Estes son os integrantes da selección galega que contarán coa presenza e respaldo do Delegado Autonómico da especialidade, José Moure:
HOMES
- Edelmiro Leira Pérez co pointer macho “Dano”
- Juan José Canosa Vigo co pointer macho “Nike da Chousa”
- Jaime Aneiros Ardao co braco alemán macho “Iron de Mancofa”
- Félix Robles López co setter inglés macho “Zenith Vilar de Donas”
LEVANTADORES
- Roberto Dopico Dopico coa springer “Chispa Almagrera”
DONAS
- Lidia Almeida de Oliveira co setter inglés macho “Dilan de Piago”
- Nicolasa González Carrodeguas co setter inglés macho “Gudel”
- Ana Isabel Arbiol Ledesma coa pointer “China de Vilar de Donas”
- Nuria Varela Painceiras coa braco alemán “Cora de la Ciudad del Tajo”
O campionato comezará oficialmente hoxe, coa presentación da competición, o sorteo, a entrega de dorsais e o tradicional desfile das autonomías participantes, que terá lugar a partir das 19.00 horas na Praza de Mahoya, en Abanilla.
Moita sorte selección!
