2 de outubro de 2026
FGCaza É A APLICACIÓN MÓBIL OFICIAL DA FGC

A Federación Galega de Caza lanza a súa App móbil FGCaza

Xa é unha realidade! Os cazadores federados xa dispoñen de xeito gratuito da aplicación móbil FGCaza que acaba de poñer en marcha a Federación Galega de Caza. Unha ferramenta no teu peto que che permitirá consultar o teu seguro federativo, xestionar as túas solicitudes e pagos, rexistrar os teus cans, inscribirte en competicións e estar ao día de todas as noticias e novidades federativas e da caza galega.

¿Para que che serve a App FGCaza?

Isto é co que te atoparás na aplicación e as facilidades que che dá:

- O teu seguro federativo: Consulta a túa licenza federativa e a póliza en vigor: número, tipo, sociedade, datas e provincia. Solicita unha copia en PDF e recíbea no teu correo.

- Solicitudes e pagos: Segue o estado das túas solicitudes de federación, confirma as transferencias e xestiona os pagos dende o móbil.

- Os meus cans: Rexistra os teus cans, edita os seus datos e tenos sempre á man para os trámites coa Federación.

- Inscricións en competicións: Consulta as probas abertas, inscríbete en segundos e revisa as túas inscricións e resultados.

- Actualidade e avisos: Todas as novas da FGC filtradas por categoría, con notificacións push que podes personalizar segundo os teus intereses. Permitíndoche estar informado ao momento de todas as noticias cinexéticas e federativas.

- A miña documentación: Garda licenzas de caza, permiso de armas, carnés e recibos de tecores, emisoras e cartillas dos cans. Os documentos quedan só no teu dispositivo.

- Comunicacións rápidas: Dende a pantalla de inicio podes comunicar á Federación, en poucos toques, os incidentes relacionados coa actividade cinexética tales como accidentes de caza, extravío dos teus canso u ataques do lobo.

- App actualizada: no futuro iranse incorporando actualizacións con máis funcionalidades

¿Cómo tes que facer para ter a App FGCaza no meu móvil?

A App FGCaza é totalmente gratuíta e válida para móbiles iPhone e Android, so tes que descargala e se xa estás rexistrado na área de usuario da web da FGC (www.federaciongalegadecaza.com), non tes que crear unha conta nova: entra na app co mesmo correo electrónico e contrasinal e xa atoparás os mesmos datos, solicitudes, cans e inscricións que na web. Se aínda non tes conta, podes rexistrarte dende a propia app ou en dita web, e servirache para as dúas.

Se tes dúbidas? Escríbenos a federacion@federaciongalegadecaza.com ou chama ao 981 562 777.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.