19 de outubro de 2026
CAZA MENOR

A tempada de Caza Menor comeza con resultados desiguais

Se algo levanta paixón en milleiros de cazadores galegos é, sen dúbida, a xornada inaugural da tempada de caza menor. E foi onte, 18 de outubro, ese día marcado no calendario cinexético no que cazadores de pelo e pluma sairon ao monte na procura dos primeiros lances.

Luces e sombras neste primeiro contacto no que a sequedade do terreo e o vento dificultaron, en certa medida, esas mostras e rastrexos pero que non impediu vivir un día especial de reencontro con amigos na compaña dos cans e en contacto co fermoso monte galego.

Enfermidades, tasa de éxito das repoboacións, perda de hábitat, etc. son elementos que se repiten cada ano pero que dan froitos diferentes dependendo do Tecor ou comarca. Nunha única xornada o análise xeral a bo seguro é pouco acertado e máis se cabe cando o abano de especies cinexéticas obxeto de caza xa non so se ciñen a coellos e perdices, como acontece coa lebre en clara recuperación ou as arceas que nos derradeiros anos é unha das protagonistas dos cazadores de pluma e que terán que agardar a súa chegada en vindeiras semanas.

A FGC é realista pero non quere ser catastrofistas e segue apostando pola xestión cinexética, a colaboración dos cazadores nos censos e estudos científicos e a necesidade de acometer accións valentes por parte da Administración para unha mellora nos hábitas, no control de depredadores e outras moitas medidas solicitadas polo ente federativo que traslandan as sociedades de caza e que contribuirían a unha mellora das densidades poboacionais destas especies da menor.

Boa caza!

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.