A FGC lamenta que a RSCE impida participar a dous galegos nos Mundial de San Huberto en Serbia
O galego Juan Jose Canosa, recen proclamado Campión de España de San Huberto e a galega Ana Isabel Arbiol Subcampiona de España Feminina de San Huberto ven truncadas a súa participación no Mundial da especialidade.
A FGC considera que os deportistas que acadan unha clasificación por méritos propios merecen todo o apoio das institucións e entidades implicadas, e non atoparse con obstáculos que frustren a súa participación nunha cita tan importante.
É preciso que se aclaren os feitos e que se dea unha explicación satisfactoria sobre esta situación, para que casos coma este non volvan producirse e ningún deportista vexa frustrada a oportunidade de defender os seus méritos nun campionato do mundo.
Nota de Prensa da RFEC en: https://bit.ly/4ihFckV
