23 de outubro de 2026
XORNADA TÉCNICA

Gran acollida da xornada técnica sobre os sinistros nas estradas con animais

O pasado mércores, 21 de outubro, tivo lugar, no ateigado salón de actos da sede da Xunta de Galicia en Ourense, unha xornada técnica sobre os sinistros provocados pola irrupción de animais nas estradas. A xornada foi organizada pola Dirección Xeral de Tráfico en colaboración coa Xunta de Galicia e contou coa participación de Luis Eusebio Fidalgo, en calidade de vicepresidente da Real Federación Española de Caza.

No evento analizáronse as experiencias na xestión do xabaril en Cantabria e tamén en Galicia, esta última da man da directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz Mouteira. Así mesmo, celebráronse mesas de debate nas que participaron representantes dos titulares das estradas e doutros actores implicados na materia.

Nesta última mesa, Luis Eusebio Fidalgo argumentou con claridade o papel da caza e dos cazadores, destacando que contribúen a reducir e mitigar o problema e que, en ningún caso, son os seus causantes.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.