4 de novembro de 2026
NACIONAL AGILITY

A Selección Galega de Agility conquista cinco títulos no Campionato de España

O XII Campionato de España de Agility celebrouse do 30 de outubro ao 1 de novembro na localidade gaditana de Arcos de la Frontera, reunindo preto de 600 cans e os seus guías nunha das grandes citas do calendario nacional desta disciplina.

A representación galega asinou unha magnífica actuación, conseguindo cinco títulos nacionais:

  • César Martínez Bouzón, con Dizaster – Campión Master/Absoluta Clase 60.
  • Iago Sánchez Iglesias, con Inca – Campión Master/Absoluta Clase 50.
  • Xerome Pena, con Lima – Campión Xuvenil Clase 30.
  • Elena Gómez, con Nix – Campioa Xuvenil Clase 40.
  • Jorge Esteban Ramos Salinas, con Shadow – Campión Sénior Clase 50.

Ademais, o Club ThunderDogs acadou o subcampionato por equipos nas clases 20-30-40, e os clubs e deportistas galegos sumaron outros excelentes resultados nas diferentes categorías, como o bronce de José Ángel Torres Taboada con Kimchi en Sénior Clase 60.

Desde a Federación Galega de Caza queremos felicitar a todos os premiados e participantes polo seu traballo, esforzo e dedicación.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.