A Xunta e a Federación Galega de Caza avalían vías de colaboración na difusión dos valores ambientais asociados á actividade cinexética

Satisfactoria a primeira xuntanza entre o recentemente nomeado conselleiro de Medio Ambiente, Nicolás Vázquez, e a FGC, nun encontro marcado pola boa disposición e a vontade de colaboración entre ambas institucións.
O conselleiro comprometeuse a visitar proximamente as instalacións da FGC, así como a manter un encontro cos presidentes provinciais e coa Xunta Directiva da entidade, unha vez que esta última estea constituída.
Unha oportunidade para coñecer de primeira man a realidade da FGC e o labor que desenvolve como máxima entidade representativa dos cazadores galegos.
Nota de prensa da Consellería de Medio Ambiente: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/030252/xunta-federacion-galega-caza-avalian-vias-colaboracion-difusion-dos-valores-ambientais