Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Descargar en PDF Imprimir
OBSERVATORIO CAZA
A Federación Galega de Caza presenta o libro sobre o corzo
22/12/2009

O pasado venres o Presidente da Federación Galega de Caza, acompañado do Director Xeral de Conservación da Natureza e do Coordinador do Grupo Corzo da RFEC e coautor da publicación, presentaban na Facultade de Veterinaria de Lugo o libro O Corzo, aspectos biolóxicos e aproveitamento cinexético, último traballo publicado polo Observatorio Galego da Caza.

O traballo estivo conducido polo profesor deste centro Luis Eusebio Fidalgo Álvarez. O coordinador, durante a presentación, sinalou que ésta é unha obra de divulgación sinxela, cunha linguaxe moi simple e con información obxectiva e veraz, ca única pretensión de contribuir ao coñecemento desta especie, tanto dende o punto de vista biolóxico como do seu aproveitamento cinexético, para que calquer persoa, non somentes os cazadores e os amantes da natureza, sexan capaces de identificar a un corzo. Fidalgo aproveitou a presentación para agradecer as aportacións do resto de autores do libro: José Manuel López Martínez, José Manuel Gonzalo Cordero, Antonio Gonzalez Chaín, insistindo en que todos estos estudos realízanse «en beneficio das especies e a caza».

O Presidente da Federación Galega de Caza, José María Gómez Cortón fixo referencia a que Lugo é a provincia española con maior densidade de exemplares desta especie. O Presidente tamén fixo fincapé no feito de que hai cuarenta anos a presencia do corzo en Galicia reducíase case á montaña oriental lucense, sen embargo, as boas condicións de hábitat e a boa labor levada a cabo en materia de xestión da especia fixeron posible unha grande expansión demográfica, o que fixo que hoxe en día o corzo sexa un animal extendido por toda a comundidade. Non obstante, Gómez Cortón amosou a sua preocupación con respecto a esta especie na comarca dos Ancares; esa terra –dixo- que foi reserva e berce da extensión de corzo en Galicia, nestes últimos anos vive momentos de debilidade das suas poboacións corceiras, seguramente por diversas razóns pero hai unha que é notoria, o crecemento desproporcionado de poboacións de especies predadoras, especialmente do lobo. Ante esta situación, o Presidente da Federación Galega de Caza manifestou que haberá que plantexarse se todo o que se fixo no ámbito de cada unha desas especies foi o máis axeitado, e manifestou o seu desexo de que se recupere o equilibrio canto antes.

O Director Xeral de Conservación, García-Borregón destacou a importancia da caza como actividade de desenrolo socio-económico en Galicia, e do corzo en particular que ocupa o segundo lugar por detrás de Castela León como potencia cinexética no que a este cérvido se refire. Ademáis, o Director Xeral de Conservación da Natureza reiterou o peso que ten Lugo nesta actividade, afirmando que «falar do corzo en Galicia e falar da provincia lucense», e comprometiuse a intensificar os traballos que permitan reconducir a situación que con respecto ao corzo se vive actualmente na reserva de caza dos Ancares que, segundo dixo, pode deberse a «múltiples causas».

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza