Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Descargar en PDF Imprimir
COPA ESPAÑA
O equipo “Coto do Barro Z”, novo Campión da Copa España de caza de raposo
1/2/2010

A comarca lucense de Portomarín, en pleno corazón da Riveira Sacra e do Camiño de Santiago, acolleu a séptima edición da Copa España de Caza del Zorro, na que participaron 90 equipos, que avistaron un total de 188 de raposos dos que se cobraron un total de 94.

Campión da proba foi o equipo da sociedade coruñesa “Coto do Barro Z”, con 5 raposo capturados, seguido do equpo “Os do Golpe” da sociedade de Becerreá (Lugo), con 4 raposos; mentres que terceiro foi “O Picato” da sociedade lucense do mesmo nome tamén con 4 raposos.

A xornada cinexética desenrolouse dentro da normalidade, a pesar do intento dalgúns grupos ecoloxistas de boicotear a mesma. A primeira hora da mañá Portomarín era un fervedeiro de xente, a vila estaba prácticamente tomada polos cazadores, forzas do orde público e ecoloxistas. Ás 12 da mañá celebrábanse duas manifestacións, por unha banda os ecoloxistas en contra da caza, e por outra os agricultores e gandeiros que ademáis de defender un medio rural digno, apoiaban a caza como medida de prevención dos danos ocasionados polas especies cinexéticas na agricultura e gandería.

Entre as 13:30 e as 14.30 horas, as 90 cuadrillas participantes entraban no control, onde ademáis do conteo se analizaban os raposos capturados por parte dun equipo de veterinarios da Universidade de Santiago de Compostela capitaneados polo profesor Luis Eusebio Fidalgo.

Posteriormente celebrábase un almorzo de confraternidade nunha carpa situada no colexio de Portomarín, á que asistían 1200 persoas. Acompañaban aos cazadores, ademáis do Presidente da Federación Galega de Caza, o Vicepresidente 1º Executivo e Resposable da área deportiva e de competicións da RFEC, o Xefe Provincial de Conservación da Natureza, o Capitán da Comandancia da Garda Civil de Lugo, o Alcalde de Guntín e a alcaldesa de Portomarín acompañada dos voceiros de tódolos grupos municipais, entre outras autoridades.

CLASIFICACIÓN
Pos Cuadrilla Sociedade Prov. Capturas
Coto do Barro Z Coto do Barro CO 5 raposos
Os do Golpe Becerreá LU 4 raposos
O Picato O Picato LU 4 raposos
San Salvador de Escuadro Silleda PO 4 raposos
Entra Turín San Nicolás LU 4 raposos
 

GALERIA DE FOTOS:

VII Copa de España de Caza de Raposo
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza