Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MODIFICACIÓN LEI
A Xunta de Galicia modifica varias leis, incluíndo a de caza
23/2/2010

A Presidencia da Xunta de Galicia publica hoxe, 23 de febreiro a Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

Esta lei, no seu artigo 15º, introduce unha modificación na Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, na que o artigo 54, que fai referencia ás granxas cinexéticas, queda redactado da seguinte forma:

Artigo 54. Granxas cinexéticas.

1. As granxas cinexéticas teñen a consideración de explotacións gandeiras, conforme prevén a Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, e o Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

2. A autorización e o rexistro das granxas cinexéticas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras corresponderalle á consellaría competente en materia de gandaría, sen prexuízo da necesidade de informe previo e favorable do órgano con competencias en materia de caza».

Ver documento completo desta lei

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

POC, PAC E COMUNICACIÓN RESULTADOS
12/02/2019
Instrucións para o uso do Portal Web da Caza en Galicia

DIRECTIVAS
14/01/2019
A Lei 3/2018 introduce unha modificación da Lei do Deporte que afecta ás sociedades de caza

PARA O 2019
26/12/2018
Publicada a orde de axudas para paliar os danos do xabaril

AXUDAS
12/07/2018
Deportes convoca axudas para a adquisición de equipamentos deportivos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza