Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Descargar en PDF Imprimir
FEIRA CAZA
A Federación Galega de Caza califica de “Éxito Total” a súa participación en FICAAR
9/3/2010

De moi exitosa se pode catalogar a primeira presencia da Federación Galega de Caza na Feira Internacional da Caza e das Armas celebrada o pasado fin de semana en Madrid.

A FGC presentouse en FICAAR cun stand no que os milleiros de visitantes puideron obter información sobre os diferentes proxectos e campañas levadas a cabo pola Federación Galega de Caza nos últimos anos. Proxectos como o “Observatorio da caza”  o “Plan de Recuperación da Caza Menor en Galicia”, e campañas como a de “Caza Seguro” e “Compartir Caza” foron algunhas das iniciativas que máis interés suscitaron entre os máis de 10.000 visitantes que se achegaron ao stand da FGC. Sendo esta última iniciativa, “Compartir Caza”, unha das que máis gratamente sorprendeu a os cazadores onde recabaron e recopilaron información para posibles viaxes cinexéticos a nosa terra.

Tanto os galegos que se desprazaron a Madrid para visitar dita feira como os que viven espallados nos diferentes puntos da xeografía española mostraron a súa enorme satisfacción pola presencia da Federación Galega de Caza nunha das feiras internacionais do sector de maior interés que se celebran en España.

Tres días intensos onde a FGC, a través do seu stand, deu a coñecer a todo o mundo da caza nacional o traballo levado a cabo na nosa Autonomía e que foi correspondida polo numeroso público presente que non dudou en calificar de sorprendentes e sobre todo moi prácticos os diferentes traballos desenrrolados.

Dende la a Federación consideranse vitais estás labores de divulgación.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACIÓN
24/10/2023
Curso sobre a cría da perdíz

FESTA DA CAZA DE RODEIRO
18/11/2019
A climatoloxía non puido coa Festa da Caza de Rodeiro

CANS DE CAZA EN LALÍN
17/06/2019
II Exposición de Cans de Caza de Lalín

XORNADA SOLIDARIA
03/06/2019
A caza estará presente no 5º Día do Deporte Solidario de Área Central


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza