Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Descargar en PDF Imprimir
RRCC ARCO
Disputouse o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco
21/4/2010

O pasado 18 de abril disputábase en Vila de Cruces (Pontevedra) o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de caza con Arco, organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade de Caza “Cazarco”.

Na categoría de Arco Asistido o gañador era Jaime Villaverde Balado que acadaba 205 puntos, proclamándose Campión Provincial. Segundo clasificado era Oscar Arias Díaz con 172 puntos, rematando terceiro Juan Carlos Fernández Vázquez con 167 puntos.

En Arco Tradicional o primeiro clasificado da proba era Enrique Naveira Carro con 105 puntos, da provincia da Coruña. Segundo era o lucense Antonio Rodríguez Iglesias con 76 puntos, sendo terceiro Abel López Lepiani con 72 puntos, tamén da provincia de Lugo. O primeiro clasificado da provincia de Pontevedra e polo tanto Campión Provincial era Carlos Silva García, que remataba 4º con 68 puntos.

En Long Bow o gañador e Campión Provincial era Oscar Casal Rodas que acadaba 110 puntos, seguido de Antonio Fernández Viz que remataba a proba con 81 puntos. O terceiro posto era para Manuel Fernández Fraiz con 67 puntos.

Na categoría de Damas a Campiona Provincial era Dolores Bugarín Codeseda con 137 puntos; na categoría Cadete gañaba o campionato Rubén Arias Lemos con 42 puntos, mentres que Iago Arias Lemos facía o propio en categoría Junior con 61 puntos ao remate da proba.

  ARCO ASISTIDO    
Pos Participante Provincia Puntos
Jaime Villaverde Balado PO 205
Oscar Arias Díaz LU 172
Juan Carlos Fernández Vázquez LU 167
Álvaro Iglesias Lorenzo PO 155
Ángel Villaverde Balado PO 115
       
  LONG BOW    
Pos Participante Provincia Puntos
Oscar Casal Rodas PO 110
Antonio Fernández Viz PO 81
Manuel Fernández Fraiz PO 67
Eugenio Casal Rodas PO 64
Fco Ramón Fariña Sobrino CO 54
       
  ARCO TRADICIONAL    
Pos Participante Provincia Puntos
Enrique Naveira Carro CO 105
Antonio Rodríguez Iglesias LU 76
Abel López Lepiani LU 72
Carlos Silva García PO 68
Antonio Sánchez Otero PO 67
       
  DAMAS    
Pos Participante Provincia Puntos
Dolores Bugarín Codeseda PO 137
       
  CADETES    
Pos Participante Provincia Puntos
Rubén Arias Lemos PO 42
       
  JUNIORS    
Pos Participante Provincia Puntos
Iago Arias Lemos PO 61
 

GALERIA DE FOTOS:

Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco 2010
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza