Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL
A cuadrilla de Antonio Castro Fernández gaña en Ortigueira a II Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril
11/5/2010

O pasado sábado 8 de maio disputábase no Tecor “Ortegal” en Ortigueira (A Coruña) a II Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril, que organizaba a Sociedade de Caza “Ortegal” en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña.

A inscrición alcanzou as 29 cuadrillas inscritas, sen embargo o máximo de admitidas foi de 14 cuadrillas con seis cans cada unha. Todas elas levantaron algún xabaril no monte, gracias a un rastro abundante.

A cuadrilla gañadora da proba foia de Antonio Castro Fernández, de As Pontes (A Coruña), que acadou 1033 puntos. Seguiuna a de Pedro Ramos Casas, de Xove (Lugo) que rematou con 1010 puntos. O terceiro posto foi para a cuadrilla de Carlos Novo Anllo, da Terra Cha (Lugo), con 879 puntos. O premio ao mellor can foi para “Deco”, da cuadrilla de Carlos Novo Anllo que acadou 192 puntos.

Pos Cuadrilla de Poboación Puntos
Antonio Castro Fernández As Pontes (A Coruña) 1033
Pedro Ramos Casas Xove (Lugo) 1010
Carlos Novo Anllo Terra Cha (Lugo) 879
Javier Joven Franco Viveiro (Lugo) 766
Víctor Mallo Carro Abegondo (A Coruña) 716
 

GALERIA DE FOTOS:

II Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

SEMIFINAL NORTE CAZA MENOR
2025-11-24
Iván Moure subcampión da Semifinal Norte de Caza Menor con Can

ARCEAS LUGO
2025-11-23
Arturo Ledo gañador do provincial lucense de caza de arceas

GALEGO DE CAZA MENOR CON CAN
2025-11-10
O pontevedrés Iván Moure coa podenca “Pomba” proclamouse Campión Galego de Caza Menor con Can na Cañiza

SELECCION GALEGA AGILITY
2025-11-05
Grandes resultados da Selección Galega no Nacional de Agility


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza