Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RRCC ESPAÑA 2010
Anxo Mosquera, medalla de ouro no Gran Prix FITASC e Campión de España en superveteranos
6/7/2010

O pasado fin de semana disputábase nos campos de tiro Rio Sar (Vilouchada-Trazo) e Pedra Facha (Niveiro-Val do Dubra) a final co Campionato de España de Percorridos de Caza con pratos, puntuable para a Copa do Mundo Gran Prix, na que competían 312 tiradores de tódalas comunidades autónomas do Estado, e mesmo estranxeiros -Portugal, Suiza, EEUU e  México, entroutros-.

A organización correu a cargo da Federación Galega de Caza e da SD Rio Sar por delegación da Real Federación Española de Caza.

Os actos comezaban o xoves día 1 coa recepción oficial de participantes. No acto de inauguración estiveron presentes ademais do presidente da Real Federación Española de Caza, o presidente da Federación Galega de Caza, o presidente da SD Rio Sar e o Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, entroutras autoridades. A competición oficial que arrancaba o venres dábase por rematada o domingo entorno ás 12 horas, tras enfrontarse cada tirador a 200 pratos de arcilla; arredor das 15 horas o presidente da Real Federación Española de Caza daba por clausurado o campionato.

Campión de España foi o tirador de A Rioxa, Diego Martínez con 177 pratos escachados. Segundo foi o andaluz Antonio Montes, con 176 pratos, e terceiro o valenciano  Félix Soldado, tamén con 176 pratos.

Na categoría de superveteranos, o galego de Ferrol, Anxo Mosquera, proclamábase campión absoluto da categoría, e medalla de ouro do Gran Premio Fitasc, con 148 pratos.

O Premio Especial Handisport foi para outro galego, o pontés, Artermio Formoso con 122 pratos.

En xuvenís, campión foi o valenciano José Julián Moreno con 164 pratos, mentres que o vigués Manuel Garrido Brito acadaba a oitava posición da categoría con 136 pratos escachados.

Na clasificación por Equipos Autonómicos, primeiro foi a Comunidade Valenciana con 695 pratos, mentres que o Equipo da Comunidade Galega, integrado polos tiradores Diego Antelo, Antonio Iglesias, Anxo Mosquera e David Seoane, quedaba de oitavo con 596 pratos.

En veteranos, primeiro e campión con 160 pratos foi Juan Gardeazabal de Euskadi, mentres que o baionés Jaime Vilas quedaba 15º con 131 pratos.

En Donas, campiona foi Beatriz Laparra de Castilla La Mancha, con 162 pratos.

Ademais dos resultados anteriores, cabe sinala-la actuación dos tiradores galegos de segunda e terceira categoría sénior. En terceira categoría Emilio Mesonero (Narón), Martín Baqueiro (Baiona) e Daniel Cebreiro (Santiago), con 148, 146 e 144 pratos, respectivamente, quedaban quinto, sexto e sétimo; mentres que en segunda categoría os tiradores galegos de O Rosal, José Antonio Vasconcellos, e Francisco Javier Rivero, quedaba 10º e 11º, respectivamente,  con 141 pratos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza