Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CIDADE FERROL
Celebrada a quinta edición do Trofeo Internacional “Cidade de Ferrol”
3/8/2010

O pasado fin de semana tiña lugar en Ferrol (A Coruña) a quinta edición do Trofeo Internacional “Cidade de Ferrol” que organizaba unha vez máis a Sociedade de Cazadores “Urogallo” de Ferrol en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña e o Concello de Ferrol.

O Trofeo contaba este ano con tres probas puntuables para as respectivas Copa Galicia: San Huberto, Rastro de Coello e Rastro de Xabaril.

O sábado 31 de xullo disputábase a proba de San Huberto onde tomaban parte arredor de 50 cazadores entre os que se atopaban participantes de toda España, norte de Portugal e sudoeste de Francia. Ao remate da proba foi o galego Jorge Martín Sánchez quen se proclamaba gañador, sendo segundo clasificado o tamén galego Rubén Boquete Varela. O terceiro posto era para José Antonio del Río Colías, de Valladolid. Na modalidade de spaniels gañaba o madrileño Miguel Fornel, sendo segundo Javier Núñez, de Guadalajara e rematando terceiro Francisco López Hernández, tamén de Madrid.
              
O domingo 1 de agosto disputábanase as duas probas de rastro: coello e xabaril. Na proba de rastro de coello participaban un total de 20 lotes de cans, sendo o gañador  Luis Rodríguez Vaamonde. O segundo clasificado era Antonio Lista e no terceiro posto remataba Carlos Casas Cambón.

A proba de rastro de xabaril, que se disputaba nos montes de Brión de xeito simultáneo, finalizaba con Sergio García como gañador, sendo o segundo posto para Nestor Trasancos e o terceiro para Alberto Arnoso.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CPTO. ESPAÑA CANS DE MOSTRA
2025-10-14
O setter “Zafir de Piago” do galego René Vale converteuse no Campión de España de Cans de Mostra Británicos e por equipos Galicia acadou o subcampionato nacional

NACIONAL DE SAN HUBERTO
2025-09-29
A galega Nuria Varela campiona feminina da Copa España de San Huberto

AUTONÓMICO DE COELLO
2025-09-28
Os beagles do coruñés José Javier Suárez acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE COELLO
2025-09-22
O lote propiedade de Arosa Dasilva proclamouse campión provincial na Lama


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza