Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
FEIRA CANS ORDES
Grande éxito da 18ª edición da Feira de Cans de Caza de Ordes
11/8/2010

O pasado domingo 8 de agosto celebrábase unha nova edición da Feira de Cans de Ordes, que tiña lugar no recinto feiral de Mesón do Vento, en Ardemil. Esta décimo oitava edición é a consolidación como unha das feiras de cans máis importantes de España, e así o certificaban expositores de artigos cinexéticos procedentes de Barcelona, Toledo ou Albacete, habituais na meirande parte dos certames a nivel nacional, que se sorprendían do grande número de cans no recinto e a cantidade de público asistente. Estes invitaban á sua vez aos organizadores a que contaran cos medios de comunicación a nivel nacional xa que a feira de Ordes é a gran descoñecida noutras comunidades.

Este ano pasaron control máis de 2.800 cans de diferentes razas, dos cales arredor dun 75% eran de caza maior, sendo algunhas xaurías de Asturias, Castela León ou Galicia. Ao remate da xornada o concellal de Promoción Económico e Turismo do concello de Ordes, Luis Gómez Candal, quen resaltaba xunto co Presidente da Federación Galega de Caza na Coruña, Manuel Saa Casariego, procedían á entrega de premios dos mellores exemplares da feira.

  • Mellor lote caza maior: Sabuxos españois de Álvaro Fernández, de Cudillero (Asturias).
  • Mellor can caza maior: “Titán de Soñar”, Gran vendeano de Juan Vecino (Lugo)
  • Mellor can caza menor (pluma): “Boss de Ventos do Garzal”, Setter inglés de Sonia García
  • Mellor can caza menor: “Duncan”, Petit Basset Vendeano de Noelia Barcía Umbón
  • Mellor lote caza menor: Beagle de Luios Maceda, de Burela (Lugo)
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CRÍA E COIDADOS DO CAN DE CAZA
16/03/2019
Presentación da biblioteca cinexética de Mutuasport

FESTA DA CAZA DE TABOADA
11/03/2019
A “II Festa da Caza” de Taboada repetiu éxito

CURSOS FORMACIÓN
30/10/2017
Ampla e activa participación no II Curso de Formación de A Coruña

CARNE CAZA
22/5/2017
ASICCAZA achega o sabor e as bondades da carne de caza a máis de 400 nenos de Estremadura


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza