30 de novembro de -0001
RECOÑECEMENTO

O Secretario Xeral para o Deporte recibe aos campións de tiro cinexético

Artemio Formoso ven de proclamarse campión do Mundo de Compak Sporting na modalidade de Handisport mentres que o seu compañeiro Anxo Mosquera –actual bicampión de España de tiro cinexético- foi cuarto co equipo Español de Superveteranos.

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, ven de recibir aos tiradores galegos, Artemio Formoso Barro da sociedade Peña Revolta de As Pontes, e ao ferrolán Anxo Mosquera Rodríguez da sociedade santiaguesa Río Sar, que se proclamaron o pasado fin de semana  en Benamejí (Córdoba) campión do Mundo de Compak Sporting na modalidade de handisport –disminuidos físicos- e cuarto por equipos en superveteranos, respectivamente.

O Secretario Xeral tras felicitar aos deportistas mantivo unha longa conversa interesándose polos pormenores da competición e da caza en xeral.

O presidente da Federación Galega de Caza, José María Gómez Cortón, que acompañou aos cazadores galegos á audiencia co máximo responsable do Deporte Galego, salientou non só o labor e o extraordinario mérito deportivo destes tiradores de élite senón a súa capacidade de superación e sacrificio a nivel persoal. Gómez Cortón engadía “ante unha situación tan dificil como a vivida por estes dous campións, hai dúas fórmulas,  quedarse na casa vendo a vida pasar, ou saír a enfrontarse a ela e vivila. Os nosos deportistas afortunadamente elixiron a última, enfrontáronse  ás adversidades e hoxe recollen o seu merecido recoñecemento”.

Formoso Barro, cazador de toda unha vida, comeza a practica-lo tiro fai apenas 5 anos. Na tempada 2010, tras sufri-lo ano anterior un accidente de moto que o deixa manco,  compite na categoría de handisport, na que ven de proclamarse campión de España de Percorridos de Caza (Rio Sar, 2-4 de xullo) e a pasada fin de semana campión do Mundo de Compak Sporting (Benamejí, 26-29 de agosto).  Formoso recoñece que o deporte, máis concretamente o tiro,  foi o estímulo que o axudou a non caer na desesperación, e pretende co seu exemplo animar a outros disminuidos físicos á práctica deportiva; seguro que este pontés de apenas 40 anos e con forte personalidade será todo un referente na loita pola igualdade dos discapacitados.

O seu compañeiro, Mosquera Rodríguez, conta cun envexable palmarés, o máis premiado entre os deportistas cinexéticos galegos, casualmente os seus múltiples éxitos deportivos comeza a colleitalos tras sufrir un desgraciado accidente de tiro durante unha competición que o deixa mancado nunha perna. Ante ese infortunio, que coincide co cambio de categoría de Mosquera, pasando de sénior a veterano, nos últimos 10 anos Mosquera recolleu 14 titulos nacionais (campionatos de España) –sete medallas de ouro, catro prata, e unha de bronce, ademais dun cuarto o un quinto posto- e 8 títulos internacionais (campionatos de Europa e do Mundo) –dúas medallas de prata, dúas de bronce, un cuarto e tres quintos postos-. No 2010, superados os 65 anos, compite na categoría de superveteranos proclamándose campión de España de Compak Sporting e campión de España de Percorridos de Caza, así como cuarto no Campionato do Mundo de Compak co equipo español.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.