Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO ARCO
Resultados dos Campionatos Galegos de Arco disputados en Pazos de Borbén
22/9/2010

O Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo disputábase sobre paspallás sementado, no tecor da sociedade Pazos de Borbén, o sábado día 18. Na competición participaban 14 arqueiros. Campión, con 150 puntos,  foi o equipo da sociedade Cazarco integrado por Jaime Villaverde e Jacobo Santoro, co can Pol. Segundo, con 50 puntos,  foi tamén Cazarco co equipo integrado por Jesús García e Pedro Martínez, co can Ton; mentres que a terceira praza era novamente para Cazarco co equipo dos irmáns Óscar e Eugenio Casal.

O Galego de Percorridos de Caza con Arco, tiña lugar o domingo día 19 no mesmo escenario anterior. Nel competían 30 arqueiros que, ante unha grande expectación e afluencia de público, terían que enfrontarse -nun percorrido de tres horas e media- coas súas frechas a siluetas de animais fixos e móbiles en 3D e 2D que simulaban propostas de caza maior, menor e axexos.   

Na categoría de Asistido, primeiro e campión foi Jaime Villaverde con 247 ptos, da sociedade Cazarco; segundo Antonio Rodríguez con 230 ptos., da sociedade Arcolemos; e terceiro Pedro Martínez, con 198 ptos, da sociedade Cazarco.

Na categoría de Tradicional -recurvado e long bow-, primeiro foi Óscar Casal con 164 ptos, da sociedade Cazarco; seguido de Óscar Novas, con 153 ptos., da sociedade Arco Hércules; mentres que terceiro era Abel López, con 129 ptos da Sociedade Arcolemos.

En Donas, a primeira praza era para a arqueira da sociedade Cazarco, Dolores Bugarín, con 113 ptos; seguida de Maria Luisa Rodríguez, da sociedade Arcolemos, con 99 puntos; e en terceiro lugar clasificábase a tiradora de Cazarco, Concepción Vidal, con 65 ptos.

En Xuvenís, campión, con 130 ptos, foi Isidro Bandeira de Cazarco; mentres que subcampión, con 52 ptos, foi o arqueiro de Arcolemos, Iago Arias.

Na categoría de Cadete, o primeiro posto foi para Rubén Arias, da sociedade Arcolemos, con 53 ptos;  seguido de Juan Bandeira, de Cazarco, tamén con 53 ptos., e terceiro, con 22 ptos, Marcos Gómez, tamén de Cazarco.

E, finalmente, para rematar o Premio ao xabaril móbil, ao que optaron tódolos participantes, foi para Pedro Martínez, de Cazarco, con 150 puntos.

A selección galega de Percorridos de Caza con Arco, que estará integrada polos tres primeiros clasificados de cada categoría do campionato Galego, así como a selección galega de Caza con Arco ao Voo, integrada polos tres mellores equipos da competición autonómica, participarán nos respectivos campionato de España da modalidade que se disputarán en Plasencia (Cáceres) os días 2 e 3 de outubro, respectivamente.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza