Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COPA ESPAÑA RAPOSO
O equipo “Os Magníficos”, da sociedade San Vicente de Vimianzo, novo campión da Copa España de Caza de Zorro
31/1/2011

A cuadrilla “Os Magníficos”, da Sociedade de Caza San Vicente de Vimianzo (A Coruña), con catro raposos, impúxose como gañadora absoluta da Copa España de Caza de Zorro disputada o pasado sábado na provincia de Pontevedra. Segundo foi o equipo “San Salvador de Escuadro” da sociedade de caza de Silleda (Pontevedra) con tres raposo; tamén con tres raposos clasificábase en terceiro e cuarto lugar respectivamente, o equipo Salnés 2, da sociedade de cazadores Salnés de Ribadumia e o equipo "Os Chichosos" da sociedade de Caldas de Reis.

Na competición, que se disputou en 18 tecores da provincia de Pontevedra, abarcando algo máis de 60.000 has., participaron 630 cazadores, que cobraron un total de 37 raposos dos máis de 80 avistados. A proba comezaba ás 7,30 horas coa concentración de participantes nas saídas de Pazos de Borbén e Ponte Caldelas, desde onde se dirixían ás respectivas zonas de caza previamente adxudicadas mediante sorteo.

A competición remataba ás 14,30 horas coa entrada das derradeiras cuadrillas no control, e a continuación os cazadores, a organización e as autoridades políticas e federativas, entre as que se atopaba o novo presidente da Federación Galega, Javier Nogueira, o Presidente da FGC en Pontevedra, o alcalde da localidade de Ponte Caldelas, o presidente da Deputación de Pontevedra, a Xefa de Servizo de Conservación da Natureza e o Comandante de posto da localidade, desprazábanse ata o Polideportivo de Ponte Caldelas onde se desenrolaba o xantar de clausura e a entrega de premios.

Un pequeno grupo de activistas radicais tentaron sabotar a competición como xa ven sendo habitual nas últimas edicións, sen embargo salvo un illado e lamentable incidente ocorrido cun cámara de televisión, condenado “in situ” polo Presidente da Federación, a proba desenrolouse con total normalidade.

Pos Cuadrilla Capturas
Os Magníficos (CO) 4 raposos
San Salvador de Escuadro (PO) 3 raposos
Salnés 2 (PO) 3 raposos
Os Chichosos (PO) 3 raposos
O Campo (PO) 2 raposos
 

GALERIA DE FOTOS:

VIII Copa España de Caza de Zorro
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza