NOVAS TECNOLOXÍAS

A FGC convidada á presentación do innovador software de xestión DocuWare

O pasado semana a empresa de Santiago de Compostela FOGA organizaba unha xornada na que presentaba unha aplicación informática de xestión documental denominada “DocuWare”.

Foi o seu conselleiro delegado, Manuel Calvo, o encargado de dar a coñecer esta nova ferramenta no Hotel Araguaney, en Santiago de Compostela. A esta xornada foron convidados media centea de empresarios e directivos de diversas entidades entre as que figuraba a Federación Galega de Caza, invitada ao evento de xeito explícito polo seu constante interese e apoio ás novas tecnoloxías.

O Secretario Xeral, Ramón Rodríguez Cobas e o Tesoureiro, Manuel Pérez Requejo, foron os representantes da FGC nesta xornada onde a empresa compostelá encargouse de informar das virtudes deste novo software de xestión, que pretende unificar nun só lugar virtual toda a documentación física e electrónica de calquera empresa ou entidade, catalogándoa e permitindo ou seu acceso dende calquera lugar, mais sempre con tódalas medidas de seguridade posibles.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.