COPA GALICIA SAN HUBERTO

Álvaro Suárez Mera, gañador da proba “Concello de Vimianzo”

Os terreos da zona denominada “Monte Faro”, dentro do Tecor “San Vicente de Vimianzo” acolleron a proba.

Celebrábase o pasado 16 de abril a segunda edición do Campionato de San Huberto “Concello de Vimianzo”, puntuable para a Copa Galicia da modalidade,  organizada a Sociedade de Caza “San Vicente de Vimianzo” en colaboración coa Federación Galega de Caza na Coruña e o Concello de Vimianzo.

Participaban un total de 21 cazadores (17 da Coruña, 3 de Pontevedra e 1 de Lugo), repartidos nun total de 3 campos moi disputados.

O forte vento que acompañou á xornada de competición, debido á altitude dos terreos, permitiu que o traballo dos cans non se vise prexudicado pola calor. As perdices empregadas para a proba tiveron tamén un excelente comportamento de cara á competición.

Finalizada a proba era Álvaro Suárez Mera, co seu can “Pull” (SIM) quen acadaba a vitoria con 60 puntos. O segundo clasificado, Jorge Sánchez Amado, remataba a competición con 52 puntos co seu can “Kan” (PM). O terceiro posto era para Pedro Rodríguez Sanjurjo quen con “Jara” (SIH) acadaba 42 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.