Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GRAN GALA CAZA RFEC
Ana Isabel Arbiol, Víctor Villar, María Luísa Rodríguez, Artemio Formoso e o equipo Coto do Barro Z, galardoados
29/4/2011

Súmanse así aos tamén galardoados José María Gómez Cortón e Luis Macías Estévez

O vindeiro sábado 21 de maio a Real Federación Española de Caza celebrará, como cada ano, o seu evento federativo máis relevante: a Gran Gala de la Caza, que este ano acollerá a sede do Círculo de Belas Artes, en Madrid.

Neste acto a RFEC fai entrega de diversos premios e recoñecementos a aquelas persoas, deportistas e institucións que levaron a cabo unha labor importante a favor da caza. Entre os deportistas galardoados para esta ocasión atópanse os galegos e galegas: Ana Isabel Arbiol Ledesma, Campiona de España de San Huberto co seu Setter Inglés “Braton de Llusiana”; Víctor Villar Fernández, Campión do Mundo de San Huberto Springels con “Jupiter”; María Luísa Rodríguez, Campiona de España Damas Tradicional Recorridos de Caza con Arco; Artemio Formoso Barro, Campión do Mundo de Compak Sporting na categoría Handisport; e o equipo de Coto Dobarro Z, Campión da Copa de España de Caza de Raposo.

Estes premios aos deportistas galegos máis destacados do ano súmase aos recoñecementos que recibirán na mesma gala o ex-Presidente da Federación Galega de Caza, José María Gómez Cortón, pola sua traxectoria adicada á caza e aos cazadores galegos ao fronte da FGC; e tamén o xornalista Luis Macías Estévez pola sua labor periodística especializada en caza, especialmente en Galicia.

A Federación Galega de Caza súmase a este recoñecemento da RFEC para este grupo de cazadores galegos que terán o seu máis que merecido galardón polos éxitos deportivos acadados no ámbito cinexético no pasado ano. Elevando ao máis alto a actividade cinexética en xeral e aos cazadores galegos en particular.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CRÍA E COIDADOS DO CAN DE CAZA
16/03/2019
Presentación da biblioteca cinexética de Mutuasport

FESTA DA CAZA DE TABOADA
11/03/2019
A “II Festa da Caza” de Taboada repetiu éxito

CURSOS FORMACIÓN
30/10/2017
Ampla e activa participación no II Curso de Formación de A Coruña

CARNE CAZA
22/5/2017
ASICCAZA achega o sabor e as bondades da carne de caza a máis de 400 nenos de Estremadura


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza