30 de novembro de -0001
RASTRO XABARIL SALVAXE

O asturiano Roberto Monteserín acadou o primeiro posto en Ortigueira

Cans ceibos e xabaril salvaxe en terreo aberto

O pasado 14 de maio disputouse nos concellos de Ortigueira e Cedeira, concretamente nos Tecores Ortegal e Eixil, a III Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña coa colaboración das Sociedades de Cazadores de Ortegal e Cedeira.

Na proba participaron un total de 18 participantes con cadanseu lote de cans compostos por 6 cans e chegados dende a veciña Asturias, Cantabria e Galicia. Destacar o interese que espertou esta proba que conleva un enorme peso organizativo no que nesta edición interviron un total de 88 rastreadores que puxeron a disposición dos participantes 84 rastros de xabaril, descartando os rastros de femias de xabaril seguido das súas crías.

Os participantes dispuxeron de 15 minutos para facer un achegamento previo a trela ou no seu caso o desbotar ese rastro e empregar outro facilitado pola organización. Unha vez feito dita comprobación e achegamento, tería lugar a solta dos cans no que estes dispoñían de 2 horas para facer o achegamento, levante e persecución.

A proba foi todo un éxito e os 18 xuíces encargados de xulgar a proba, contabilizaron un total de 16 levantes de xabaril e un numeroso número de avistamentos que fixeron as ledicias do importante público que seguiu o discorrer desta proba.

Foi o lote do asturiano Roberto Monteserín Berando o que con 916 puntos acadaba o primeiro posto, seguido do galego José Manuel Taboada Fernández con 894 puntos. Xa na terceira posición situábase o participante Severino Ramil Fernández con 868 puntos.

Con 162 puntos o Sabueso Español de nome “Nemo” propiedade do cántabro Luis Felipe Martínez Moyano foi premiado como mellor can da proba.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.