Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ACCIDENTES FAUNA
Chégase a un pre-acordo para a revisión da responsabilidade civil nos accidentes causados pola fauna cinexética
30/5/2011

A presión do sector cinexético instou á Administración a modificar a normativa

O pasado 24 de maio reuníase o Consejo Estatal para el Patrimonio Natural y la Biodiversidad, do cal é membro de pleno dereito a Real Federación España de Caza.

Nesta reunión abordáronse diversos temas como as directrices para a Red Natura 2000, a captura de frinxílidos, ao catálogo de especies invasoras ou as pautas para o control de predadores.

Sen embargo, un dos puntos máis importantes foi o da aprobación dunha proposta pola que se modifica o réxime de responsabilidade civil nos accidentes causados pola fauna cinexética.

Con esta modificación, a responsabilidade civil dos danos ocasionados por pezas de caza nas estradas pasará a ser do condutor do vehículo sinistrado, é dicir, das aseguradoras. Isto racha coa anterior regulación, que tantos problemas veu en causar no colectivo cinexético e concretamente nas sociedades de caza.

Este novo texto, froito da implicación do colectivo dos cazadores liderados polo conxunto das Federacións de Caza, queda á espera de ser aprobado definitivamente polo Parlamento. Con este paso hai xa medio camiño andado, pero dende a Federación Galega de Caza agardamos con cautela ver se chegamos ao final do mesmo.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

POC, PAC E COMUNICACIÓN RESULTADOS
12/02/2019
Instrucións para o uso do Portal Web da Caza en Galicia

DIRECTIVAS
14/01/2019
A Lei 3/2018 introduce unha modificación da Lei do Deporte que afecta ás sociedades de caza

PARA O 2019
26/12/2018
Publicada a orde de axudas para paliar os danos do xabaril

AXUDAS
12/07/2018
Deportes convoca axudas para a adquisición de equipamentos deportivos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza