Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ASEMBLEA XERAL FGC
A principal xuntanza federativa cumpre un ano máis con éxito e unanimidade nos acordos
6/6/2011

Os asembleístas asistentes repasaron e debateron os principais temas da Federación no pasado ano así como as pautas a seguir nos vindeiros meses

Coincidindo coa VIII Xornada de Xestión Cinexética de Portas, celebrada ao longo da mañá do pasado sábado 4 de xuño, e compartindo o mesmo escenario, celebrábase unha nova Asemblea Xeral da Federación Galega de Caza que con puntualidade comezaba ás 17.30 horas da tarde.

Tras a lectura e aprobación, sen obxeccións, da acta da asemblea anterior, o Presidente da FGC, Javier Nogueira, comezaba unha exposición na que repasaba a actividade da Federación durante o pasado 2010, así como unha análise dos datos extraídos deste exercicio, a tódolos niveis: administrativo, contable, competitivo e cinexético.

Ao remate da exposición do Presidente retomouse á protocolaria orde do día, onde se tomaron diversas decisións onde reinou a unanimidade. As contas do 2010, os prezos dos seguros federativos, o proxecto de orzamentos para o 2011 e a memoria de actividades 2010 foron os puntos aprobados a nivel contable e administrativo; mentres que no plano de competicións aprobáronse o calendario do 2011, a normativa de competicións, o comité de disciplina deportiva e apelación e o comité de xuíces e árbitros.

Chegados ao punto dos Informes de Presidencia, Nogueira quixo resaltar o asunto dos danos causados pola fauna cinexética e as novas autorizacións da administración en canto a batidas de xabaril, especialmente na provincia de Lugo. Deste tema surxiu un amplo debate onde a asemblea chegou ao acordo de buscar un xeito de minimizar os danos causados por esta especie sen chegar ao punto de erradicala, apostando por unha caza sostible e un aproveitamento racional do medio.

A asemblea concluía ás 19.30 horas da tarde co mesmo ambiente distendido que reinou durante toda a xuntanza, onde destacou a normalidade e unanimidade das decisións e acordos tomados na mesma.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza