Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
VIII XORNADA XESTIÓN
Máis de 200 persoas déronse cita en Portas
8/6/2011

O pasado sábado día 4, e como ven sendo costume cada primeiro fin de semana deste mes de xuño, Portas converteuse no centro da xestión cinexética de Galicia ao celebrar a VIII edición da Xornada de Xestión Cinexética.
 
Este ano non podía ser menos e na Azucreira de Portas xuntáronse máis de 200 persoas chegadas dende diversos puntos de Galicia e da xeografía nacional. Todos, persoas relacionadas co mundo da caza e da xestión, cazadores, directivos de Sociedades de Caza, xestores, gardas, administración, etc.

Comezábase a xornada coa poñencia de José Antonio Pérez Garrido, Doutor en Veterinaria pola Universidade de León, quen expuxo aos asistentes os datos e a información científica acadada tras máis de 15 anos de investigación con poboacións de perdiz roxa. Trala exposición de José Antonio, púidose resumir que o criar perdices que dean bos resultados no monte é posible.

Na segunda poñencia, José Luis Garrido Martín, Director de Fedenca, abordou un tema de certa controversia social como é o da “Necesidade do control de Predadores”. José Luis sintetizou todos aqueles aspectos, métodos, perfil do especialista, cuestións a lexislar, etc., que deben ir asociados á posta en marcha, nun futuro próximo, desta ferramenta de xestión.

Tralo café, tomou a palabra Miguel Ángel Romero Ruiz, afamado articulista, informático e cazador, quen como home de campo que é, expuxo aos asistentes diversos aspectos e diferentes versións para afrontar o tan de moda tema dos danos provocados polas especies salvaxes.  
 
Cerrou as poñencias da xornada, Carlos Calvete Margolles, do C.I.T.A. de Aragón. Quen foi obsequiado co “Coello de Ouro” recoñecemento por parte da organización destas xornadas a aquelas persoas que exercen un importante papel en prol da caza. Este experto en temas de investigación con poboacións de coello ofreceu un breve repaso de aspectos fundamentais á hora de acometer a recuperación das poboacións do coello. Calvete abriu un fío de esperanza,  posto que todo semella indicar que o proxecto de investigación que está desenrolando e do cal adiantou algúns datos, podería permitir, baixo determinadas condicións “Hiper-inmunizar” poboacións de coello fronte á RHD, coas vantaxes que iso carrearía.

Posteriormente, unha mesa de debate baixo o título “De onde vimos e cara onde vamos na recuperación das poboacións de caza menor” permitiu aos asistentes intercambiar experiencias e aclarar dubidas cos poñentes.

Trala clausura da Xornada tivo lugar un almorzo, no cal, por suposto, seguiuse  falando de caza e xestión.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSOS FORMACIÓN
30/10/2017
Ampla e activa participación no II Curso de Formación de A Coruña

CARNE CAZA
22/5/2017
ASICCAZA achega o sabor e as bondades da carne de caza a máis de 400 nenos de Estremadura

EN PONTE CALDELAS
9/1/2016
A VI Montería "Á Galega" volveu resultar un éxito

GRATUITO
9/11/2016
Proxecto E4SPORT 2.0 de emprendemento en xestión deportiva dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza