30 de novembro de -0001
PERCORRIDOS DE CAZA

O tirador pontevedrés Martín Baqueiro é o novo Campión Galego

Un total de 72 tiradores se deran cita neste Campionato Galego que se desenrolou a 150 pratos repartidos en 6 campos.

Unha vez máis, as impoñentes instalacións do Campo de Tiro de “Río Sar” acolleron o pasado domingo día 12 de xuño a XXIV edición do Campionato Galego de Percorridos de Caza organizado pola Federación Galega de Caza coa colaboración da Sociedade Deportiva “Río Sar”.

Na categoría xeral foi o tirador Martín Baqueiro Villafines o que completou un percorrido no que derribou un total de 121 pratos e o converteron no novo Campión Galego da modalidade. Dous pratos por debaixo, situouse Ángel Mosquera Cornide con 119 pratos acadando deste xeito o subcampionato. En terceira posición e con 116 pratos escachados clasificouse Juan Carlos Costas Pereira.

Artemio Formoso Barro foi o gañador na categoría Handisport con 110 pratos e sétimo clasificado na xeral. En xuvenís foi Manuel Garrido Brito o gañador con 107 pratos e Ángel Mosquera Rodríguez en superveteranos e Jesús Seoane Sanda en veteranos foron o resto de gañadores.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.