30 de novembro de -0001
RASTRO XABARIL CORUÑA

Pereira Ramos proclámase campión provincial en Ortigueira

Francisco Rodeiro foi o gañador da proba Coriscada 2011

O pasado 11 de xuño tivo lugar en Ortigueira a “Coriscada 2011” unha das probas pioneiras de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril puntuable para a Copa Galicia e que nesta edición convertíase tamén no Campionato Provincial de A Coruña da especialidade; todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza en A Coruña coa colaboración da Sociedade de Cazadores do Ortegal e Armería Galega de Viveiro.

Ata un total de 56 cans correspondentes a 45 monteiros dividíanse en tres campos na fase clasificatoria e 18 accederían a fase final; todos eles xulgados por José Manuel Pita Santalla, Alfonso Collazo Pasín e Raúl Cartea Eiros, actuando como auxiliares Guillermo Barreira Folgueira, Joaquín Fernández Guerreiro e Jesús Blanco García.

A proba discorreu sen imprevistos e baixo unhas boas condicións climáticas para a fixación do rastro que xunto co excelente nivel dos cans e monteiros participantes fixo as delicias do numeroso público presente.

No máis alto da clasificación situouse Francisco Rodeiro Eiras con “Sil” é 257,5 puntos. Foi o asturiano Casimiro González Alonso con “Cho” o que con 251 puntos acadou o subcampionato. A terceira posición recaeu no lucense Francisco Rey Urrutia que con “Capi” obtivo 249,5 puntos. Repetiu o Asturiano Casimiro González na cuarta posición con “Jas” é 237,5 puntos. O excampión de España da modalidade e tamén asturiano Adrián Alonzo García acadou a 6 e 7 posición con “Roy” e “Zara” respectivamente. O xove monteiro José Otero Alonso fíxose coa oitava posición con “Turbo” e 213,5 puntos. Ata o noveno posto da clasificación xeral houbo que acceder para coñecer o Campión Provincial da modalidade, que neste caso recaeu en José Pereira Ramos con “Che” obtendo un total de 212 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.