Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA DO RAPOSO
A FGC insiste na defensa a ultranza da caza do raposo como elemento regulador das especies
1/7/2011

Ante as acusacións vertidas por algunha asociación ecoloxistas nos medios de comunicación, a Federación Galega de Caza quere deixar claro, sen entrar en debates estériles, que a caza do raposo practícase en toda España excepto en Baleares e Canarias, onde non existe esta especie. En canto ao tema de Galicia, a orde de vedas 2011/2012, publicada no D.O.G. o pasado 17 de xuño, non variou con respecto á do ano anterior no que a caza do raposo se refire: ten exactamente o mesmo tratamento.

A función da caza do raposo por danos, tratado de xeito especial na orde de vedas ao igual que a caza por danos de calquera outra especie, é reducir os danos que poida producir na avicultura, na fauna silvestre (cinexética ou non), así como na circulación viaria, e cando a abundancia desmesurada da especie pon en perigo o equilibrio do propio ecosistema. As cacerías de raposo crean un ambiente social e económico no rural galego que contribúe en épocas de dificultade a dinamizar o desenrolo da zona.

Estudos científicos realizados pola Facultade de Veterinaria da USC avalan os datos publicados sobre a grande densidade desta especie na Comunidade Galega, a maior de España, que triplica as poboacións estimadas como óptimas polos organismos internacionais que velan pola conservación da fauna silvestre. A sua grande capacidade de adaptación aos diferentes medios fixo posible que actualmente sexa o carnívoro máis estendido do mundo, segundo sinala o mesmo estudo.

A caza do raposo, sen demagoxia nin sentimento Bambi, é unha actividade deportiva que contribúe e optimiza o equilibrio das distintas especies tal e como amosan os plans de ordenación e aproveitamento cinexético deseñados e aprobados por técnicos e científicos na materia. Dubidar deles é poñer en dúbida a obxectividade e honradez dos técnicos que os realizan e, polo tanto, deben demostrarse.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACIÓN
21/11/2022
Suspendido o acto de entrega de Diplomas dos Cursos de Formación da FGC

FORMACIÓN ONLINE
30/09/2022
Preto de 300 alumnos e alumnas comezan os cursos online da FGC o vindeiro luns

PERSOA CAZADORA CON FORMACIÓN
26/09/2022
A Xunta de Galicia, coa colaboración da FGC, vén de ofertar a primeira edición do curso “Persoa Cazadora con Formación”

PARTIDOS POLÍTICOS – LEI ANIMALISTA
02/09/2022
A FGC comenza a rolda de reunións cos partidos políticos para poñer freo á Lei Animalista


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza