Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMPAK SPORTING
Iglesias Otero proclámase novamente campión galego
11/7/2011

No campionato autonómico participaron un total de 55 tiradores

As instalación da Sociedade Deportiva Río Sar acolleron, na xornada de onte, a XII edición do Campionato Galego de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza e a Sociedade Deportiva Río Sar.

As 9 horas da mañá de onte comezaban a voar os primeiros pratos deste campionato autonómico no que tomaron partida un total de 55 escopetas, entre as que se atopan os mellores tiradores galegos da especialidade.

Cada tirador tívose que enfrontar a un total de 150 pratos repartidos en 6 campos con traxectorias de ampla diversidade e dificultade. Unha vez mais, foi o tirador Antonio Iglesias Otero o que, tras realizar unha tirada moi regular, se impuxo nesta doceava edición do Campionato Galego de Compak Sporting con 136 pratos escachados. Cinco pratos por baixo situouse José Luis Sánchez Mancebo que acadou o subcampionato con 131 pratos. O terceiro caixón accedeu José A. Vasconcellos Vicente acadando o pontevedrés un total de 129 pratos.

O lucense Artemio Formoso Barro foi o gañador na categoría Handisport e sexto clasificado da xeral con 128 pratos.  En veteranos foi Eliseo Faraldo con 111 pratos escachados o campión sendo Ángel Mosquera Rodríguez o gañador na categoría de superveteranos con 121 pratos. En xuvenís, impúxose o xove tirador da provincia de Pontevedra, Manuel Garrido Brito con 114 pratos escachados.

A Selección Galega que representará a nosa comunidade no vindeiro Campionato de España de Compak Sporting, que se celebrará do día 29 o 31 de xullo en Aine Rilp (Lérida), estará composta por: Antonio Iglesias Otero, José Luís Sánchez Mancebo, Ángel Mosquera Cornide, Artemio Formoso Barro e Ángel Mosquera Rodríguez.
 

GALERIA DE FOTOS:

XII Campionato Galego de Compak Sporting
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza