Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
HOMOLOGACIÓN TROFEOS
A Xunta de Homologación de Trofeos de Caza de Galicia xa é unha realidade
12/7/2011

O pasado 22 de xuño foi finalmente a data coa que esta institución se puxo oficialmente en funcionamento

Este proxecto, que comezou a sua andadura hai xa varias lexislaturas atrás, veu de sufrir nos últimos meses un importante impulso para a sua posta en marcha definitiva, tras moitos anos en estado de letargo.

As dependencias da Fundación Rof Codina, dentro das instalacións do Hospital Universitario da Facultade de Veterinaria, foi a sede escollida para este órgano que abrangue varias facetas, onde a principal é ofrecer aos cazadores galegos un servizo de homologación das súas capturas, sobre todo de corzo e xabaril, pero que tamén servirá como colaborador no eido científico, ao recompilar todo tipo de datos sobre as pezas de caza recibidas, unha importante fonte información para todo tipo de estudos neste campo.

Esta nova institución dentro do mundo da caza atópase actualmente dotando ás súas dependencias de todo o instrumental necesario para a correcta medición e taxación das pezas, así como organizando o seu funcionamento e preparando a posta en marcha de diversos cursos para dar a coñecer a tódolos interesados as súas fórmulas de medición e homologación.

A Xunta de Homologación de trofeos de caza de Galicia quedou formada polos seguintes membros:

Presidente:         Dn. José María Arias
Secretario:         Dn. Xesús Marquina Olmedo

Vogal:                Dn. Francisco López Penela
Vogal:                Dn. Francisco Chan Méndez
Vogal:                Dn. Luís Eusebio Fidalgo Álvarez
Vogal:                Dn. Luís Nistal Riadigos
Vogal:                Dn. Juan Varela Durán
Vogal:                Dn. Jorge Carregal Varela           

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES
02/02/2021
Axudas para fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos

LOBO / OSO / XABARIL
12/01/2021
Publicada a orde de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre

DEPORTE FEDERADO
20/11/2020
Cambio de interpretación da Secretaría Xeral para o Deporte


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza