Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO COELLO
López Castro, novo campión provincial de Pontevedra
5/9/2011

O campionato disputábase o sábado día 3 de setembro, na localidade pontevedresa de Covelo.

O tecor da sociedade de caza A Covelense, acollía a pasada fin de semana a celebración do Campionato Provincial de Cans de Rastro sobre Coello, na que participaban 96 cans (24 equipos).

Campión Provincial foi o cazador da Estrada Jaime López Castro, cun lote de beagles, 552 puntos; seguido do ponteareán Marcos Riobo Lamas, con 550 puntos, que participaba tamén cun grupo de beagles; terceiro foi o cazador de Cambados, Alfonso Rey Baulde, que cun equipo de petit basset vendeanos lograba 548 puntos; mentres que a cuarta praza era para Marcelo Arosa Dasilva, de Sanxenxo, que acadaba 538 puntos cun lote de beagles.

Mellor Can, foi Rossi, do vigués Alberto González Vila, con 149 puntos.

Os tres primeiros clasificados representarán á Federación de Pontevedra no Campionato Galego que se disputará o próximo 2 de outubro.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO GALEGO DE CETRERÍA
2025-10-28
Campións galegos de cetrería no Tecor Terra Chá

CAZA MENOR OURENSE
2025-10-27
Iván Álvarez con “Suri Raiña Loba” campión provincial de Ourense de Caza Menor

CAZA MENOR CORUÑA
2025-10-27
A fase provincial da Coruña de Caza Menor con Can tivo a Antón Moure e a cadela “Lira” como gañadores

CAZA MENOR PONTEVEDRA
2025-10-27
Javier Calvo con "Nena" é o novo Campión Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza