Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SEGURIDADE NA CAZA
Chamamento da Federación aos cazadores para que extremen as precaucións durante a práctica da caza
12/9/2011

Ante o fatal accidente ocorrido a pasada fin de semana en Ortigueira (A Coruña), no que faleceu o cazador Ramón Lamelas Pumar; e o sinistro ocorrido en Corvelle e Calvelos (Ourense) no que resultou tamén lesionado o cazador Bartolomé Fernández Alonso, que se recupera favorablemente no Hospital Clínico de Ourense, a Federación Galega de caza lamenta profundamente estes sucesos, e tras transmitir o seu pesar á familia e aos compañeiros do cazador falecido, e desexar unha pronta recuperación ao cazador accidentado en Ourense, pide a tódolos cazadores galegos que extremen ao máximo as medidas de seguridade no exercicio da caza, e aproveita, unha vez máis, para lembrar as medidas de seguridade que deben adoptarse, xa que a seguridade na caza depende en gran medida das precaucións que cada un tome.

Recomendacións:

  • Descargar as armas antes de manipulalas.
  • Respectar as normas de seguridade establecidas, con especial atención nos ganchos e monterías
  • Descargar la arma cando se salte un valado, un cercado, e mesmo ao atravesar un regato ou cando camiñemos por lugares con risco de esbarar ou caer.
  • Antes de efectuar o disparo comprobar que non se atopa ninguén dentro do campo de acción.
  • Disparar cara ao chan, e nunca por enriba da liña do monte.
  • Non disparar sen asegurarse previamente que se trata dunha peza de caza
  • Descargar as armas unha vez rematada a cacería
  • Dirixir os canos das armas cara ao chan ou ao ceo tanto ao cargalas como ao descargalas.
  • O uso de chalecos reflictantes ou roupa de cores vivas aumenta a visibilidade e proporciona seguridade.
  • No caso dos ganchos e monterías, as normas de seguridade mesmo deben ser máis estritas, si cabe, que na caza menor, por iso é sumamente importante sinalizar que se está a celebrar unha cacería, e acatar as ordes do responsable de cacería, que é a  persoa encargada de organizar os cazadores durante o seu desenvolvemento, cuxas instrucións deberán obedecer tódolos cazadores participantes.
  • Na caza maior, o uso de emisoras proporciona seguridade e facilita a colocación e localización de cazadores e cans
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”

DISTINCIÓNS MÉRITO DEPORTIVO 2023
31/01/2024
Javier Nogueira e José Ángel Torres reciben as Distincións ao Mérito Deportivo 2023


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza