30 de novembro de -0001
INAUGURACIÓN

Comeza o I Congreso Nacional de Caza y Desarrollo Rural coa presenza da FGC

A localidade castelán-manchega de Toledo acollía hoxe a inauguración do I Congreso Nacional de Caza y Desarrollo Rural organizado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino (MARM), a Real Federación Española de Caza (RFEC) e APROCA España.

Esta primeira edición do Congreso pretende analizar o impacto que supón a caza no mundo rural tanto a nivel social como económico, e as medidas que se deberían adoitar para fomentar a práctica deste deporte e potenciar a súa beneficiosa influencia no ámbito rural a través do turismo cinexético.

A organización deste evento decidiu contar coa Federación Galega de Caza no seu programa, e así esta mesma tarde o Presidente da FGC, Javier Nogueira e o Presidente Provincial da FGC en Ourense, José Luís Leites, formarán parte da mesa de debate denominada “La mejora de la economía rural a través de la caza”.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.